top of page
ESPAZOS COMBINABLES CON PERFECCIÓN

TERRAZA BARROCA COMPOSTELANA

Os seus máis de 200m2 de terraza sobre os xardíns do Pazo, rodeado dos seus muros centenarios, permiten ofrecer este espazo único para eventos ou ceas ao ar libre.
A proximidade co río fai tempera as noites de verán e suaviza os días primaverais e outonais converténdoos nun espazo de celebración engaiolante, axeitado a maior parte do ano.

XARDINS E PISCINAS

Un recinto de máis de 450m2 composto de xardíns franceses decimonónicos en perfecto estado de conservación, ao carón das ruidosas fervenzas naturais do río polo que raia o Camiño de Santiago, ofrécese como un espazo singular, combinado con calquera dos outros espazos propostos, para servir como marco perfecto para a celebración de xuntanzas a nivel de dirección, cócteles exclusivos, catas gastronómicas, presentacións, entrega de premios, cerimonias civís ou calquera outra acción ou actividade que se arele organizar.

Nas cálidas noites de verán este espazo alternativo con capacidade para máis de 100 persoas resulta ideal para a realización de ceas e eventos ao ar libre.
É un espazo extremadamente acolledor, percorrido pola antiga canle que fornecía de auga aos muíños da fábrica de papel e rodeado de máis de 20 especies de árbores froiteiras. Admite a instalación dunha carpa. Unha lareira de pedra galega, coa súa correspondente grella, completan o encanto deste espazo.

CAPELA

O Pazo conta cunha capela consagrada de 1727, catalogada canda o cruceiro como Ben de Interese Cultural. Esta xoia abovedada do barroco rural galego acolle un impresionante retablo do Mestre José Gambino. Perfecta para celebrar un casamento inesquecible.

A ANTIGA ADEGA

A rehabilitación integral da antiga adega do pazo como salón de eventos de tamaño intermedio (100m2 diáfanos con teitos de artesoado rústico de máis de 7m) permite a posibilidade de realizar eventos nun espazo cuberto e acondicionado durante todo o ano, no que se procurou manter o seu senlleiro carácter rústico e acolledor.
Unha pequena terraza cuberta, que consta dun estanque privado con saída aos xardíns do pazo, sempre co continuo borboriñar do río como acompañante, ofrece as mellores vistas da gaioleira beleza arquitectónica e natural e Faramello.

NOVO PAVILLÓN DE EVENTOS:  O NOSO PROXECTO ESTRELA PARA O VERÁN 2014

bottom of page